Miércoles, 09 de Mayo de 2012
O vindeiro mércores, día 16 de Maio, FIMO será o escenario dun espectacular concerto: o que ofrecerá o DJ e productor catalán, Juan Magán, número un nas listas internacionais de música latina.
Os DJ’s Josepo e Marcos Magán acompañaranno no escenario nunha festa que se prolongará dende as 22:00 ata as 6:00 horas.
As entradas están xa á venda
Máis información
Categoría: Actualidad, Ferias, OTRAS ACTIVIDADES
Miércoles, 29 de Febrero de 2012
Ocio Aventura pechou as súas portas o domingo, 26 tras recibir arredor de 2000 visitantes, que durante todo o mes de febreiro disfrutaron da súa oferta de lecer. Unha grande festa de disfraces, con regalos para os mellores, pechou este certame para os máis pequenos.
Descargar nota
Categoría: Actualidad, Ferias
Viernes, 24 de Febrero de 2012
Ocio Aventura, o salón do lecer para os pequenos, instalado no recinto feiral de Ferrol, prepara para o vindeiro domingo, día 26, a gran festa do entroido con premios para os mellOres disfraces infantís e con agasallos para cantos nenos acudan ao certame.
Será esta a última fin de semana que Ocio Aventura abra as súas portas ao público en FIMO e quere despedirse o domingo por todo o alto cunha celebración de Entroido na que ás atraccións xa habituais do certame sumarase un DJ con música para os pequenos, animadores e un concurso de disfraces nos que os nenos e nenas que concurran optarán a tres grandes premios. Ademáis, os pequenos que presenten a súa entrada ao chegar o domingo día 26 a esta festa de entroido, recibirán un agasallo, somentes por acudir ao certame.
Tanto sábado como domingo, os rapaces e adolescentes de Ferrol e a súa área de influencia poderán seguir disfrutando de todas as actividades que inclúe este salón de lecer: pista americana, rocódromo, tirolina, “tirachinas”, as xa habituais atraccións de feira (pista de coches de choque infantil e adultos, saltón, dragón, camas elásticas, etc.) o circuito de karts a pedais, inchables, mini golf e servizos de cafetería e hamburguesería, pensados para dar un completo servizo a nenos e maiores de xeito que non teñan que perder nen un solo minuto e poidan disfrutar do seu tempo de lecer ao máximo.
O prezo da entrada mantense como ata agora: 5€ para os menores e 2€ para os adultos que os acompañen. O horario será de 16:30 a 20:30 horas.
Descargar nota
Categoría: Actualidad, Ferias