Máis de 10.000 persoas disfrutaron xa de Ocio Nadal
O XII Salón da Xuventude, Ocio Nadal, recibíu xa a máis de 10.000 visitantes dende a súa apertura de portas o pasado día 23 de Decembro. A fin de semana do 13 ao 15 de Xaneiro continuará a diversión no recinto feiral de Ferrol con tódalas atraccións instaladas nos pavillóns 1, 2 e 3. Unha morea de actividades que os visitantes poderán disfrutar entre as 16:30 e as 20:30 horas, con somentes aboar unha entrada de 5 euros, no caso dos nenos e de 2, os adultos que os acompañen.